Descobre o hóckey liña en Lugo!
Un club para nenas, nenos, mocidade e persoas adultas que queren vivir algo diferente sobre rodas. No CHL Meigas aprendemos a patinar, a xogar en equipo e a gozar do deporte desde o agarimo, a confianza e a diversión.
Patina. Xoga. Medra. Sé Meigas.
Que podes atopar no club?
Iniciación á patinaxe
Para quen empeza desde cero e quere aprender pouco a pouco. Coñece a escola de patinaxe.
Hóckey liña
Adestramentos adaptados por idades e niveis, con equipos de diferentes categorías: desde as máis pequenas ata categorías superiores. Ver equipos.
Adestramentos en pavillón cuberto
Sen frío, sen chuvia e cun espazo axeitado para aprender.
Por que apuntarse?
O hóckey liña mellora o equilibrio, a coordinación, a velocidade, a concentración e a seguridade persoal. Tamén axuda a nenas e nenos a socializar, superar medos, gañar autonomía e sentirse parte dun grupo.
Aquí non só aprendemos a patinar: aprendemos a caer, erguernos, traballar en equipo, confiar en nós mesmas e gozar do deporte.
Somos deporte, amizade, familia e moito LUME.