O club
O CHL Meigas é un club de hóckey liña de Lugo onde nenas, nenos, mocidade e persoas adultas poden iniciarse na patinaxe e no hóckey dun xeito divertido, seguro e acompañado.
Somos deporte, amizade, familia e moito LUME.
Os nosos valores
Compañeirismo, esforzo, confianza, respecto e traballo en equipo.
O que vivimos sobre rodas
No CHL Meigas agardámoste con patíns, casco, compañeiras e moitas ganas de pasalo ben. Gozamos do deporte desde o agarimo, a confianza e a diversión.
Séguenos nas redes e ven coñecernos! @chlmeigas