Escola de patinaxe en Lugo
Para quen empeza desde cero e quere aprender pouco a pouco. Na nosa escola, nenas, nenos, mocidade e persoas adultas inícianse na patinaxe dun xeito divertido, seguro e acompañado.
Aprender a patinar é moito máis ca patinar
Aquí non só aprendemos a patinar: aprendemos a caer, erguernos, traballar en equipo, confiar en nós mesmas e gozar do deporte.
Adestramentos en pavillón cuberto
Sen frío, sen chuvia e cun espazo axeitado para aprender.
E despois da escola?
Se buscas un deporte diferente, divertido e en equipo, o hóckey liña pode ser para ti. A escola é a porta de entrada aos equipos do club, con adestramentos adaptados por idades e niveis.
Horarios de patinaxe
| Grupo | Día | Hora |
|---|---|---|
| Patinaxe sub-12 | Martes | 17:00 – 18:00 |
| Venres | 17:30 – 18:30 | |
| Patinaxe adultos | Mércores | 21:30 – 22:30 |
Prezos
- Patinaxe (1 día á semana): 20 € ao mes
- Patinaxe (2 días á semana): 27 € ao mes
- Patinaxe adultos: 25 € ao mes
Onde adestramos?
No Polideportivo Municipal Daniel Cordido (A Piringalla), Rúa Gallego Tato s/n, 27003 Lugo.