Baixas

Solicitar a baixa

Se tes que deixalo, faise desde aquí. Le antes as condicións: hai unha data que importa.

Condicións

Antes de solicitala

Antes do día 25

A baixa debe solicitarse antes do día 25 do mes anterior ao primeiro no que se quere causar baixa.

A partir do 25 xa non chega a tempo

As solicitudes recibidas a partir do día 25 non evitan o cobro da cota do mes seguinte: esa remesa bancaria xa está enviada.

O xa cobrado non se devolve

Nin as cotas xa cobradas nin o importe da licenza federativa.

Confírmaa a secretaría

A baixa faise efectiva unha vez validada, e confirmámosche a data por correo.

Solicitar a baixa

O formulario ábrese en Playoff, a plataforma de xestión do club.

Prefires falalo antes?

Se o deixades polo horario, polo prezo ou por calquera outra cousa que poidamos arranxar, dinolo. Ás veces hai solución.

inscripciones@chlmeigas.com 665 69 87 77

Escríbenos por WhatsApp

Co apoio de