Escola de patinaxe
Desde cero e sen medo
Non fai falta saber patinar. Na escola @s peques aprenden paso a paso, xogando e ben acompañad@s, sen présa e sen presión.
Martes e venres no Polideportivo Daniel Cordido (A Piringalla, Lugo).
Coñece a escola Que ofrecemos
Do primeiro patín á competición
Escola de patinaxe
- Desde os 4 anos: patinar é un xogo, non unha competición.
- Desde cero: equilibrio, desprazamentos, freadas e xiros, ao seu ritmo.
- Contorno seguro para empezar: chan específico de patinaxe e valados de hóckey arredor.
- Dous días á semana: martes e venres, para perfeccionar e consolidar a túa patinaxe. Desde 20 € ao mes.
Coñece a escola → Hóckey liña
- Oito categorías federadas: de Micro a Sénior, agrupadas por ano de nacemento.
- Antes de competir, gozar: aquí tamén se aprende a caer e a erguerse.
- O material poñémolo nós: prestamos equipación a quen empeza, e pouco a pouco cada familia vaise facendo coa súa.
- Adestros de luns a venres: por idades e niveis, sempre en pavillón cuberto.
Ver equipos → Por que CHL Meigas
Sempre un monitor titulado en pista
Catro monitores con experiencia e, en todas as clases, polo menos un con titulación oficial.
Cuberto: nunca se suspende
Adestramos todo o ano no Polideportivo Daniel Cordido. Sen clases anuladas pola chuvia.
Sen permanencia
Cota domiciliada e xestionada polo club: apúntaste e esqueces, que nos encargamos nós. O día que queiras deixalo, daste de baixa e listo.
O club en movemento
Actualidade e noticias