El equipo del CHL Meigas en formación sobre la pista antes de un partido

Tempada 2026-2027

Inscríbete no CHL Meigas

Aquí apúntase todo o mundo: quen vén xogar ao hóckey e quen só quere patinar. Antes de darlle ao botón, mira que precisas ter a man.

Antes de comezar

Ten isto preparado

O DNI da persoa deportista

Se aínda non o ten, vale o libro de familia xunto co DNI do pai, a nai ou quen exerza a titoría.

Unha foto recente

Da persoa deportista, e recente. Se fas a inscrición desde o móbil, podes facerlle a foto nese momento: non precisas tela preparada antes.

O impreso da licenza

O da Federación Galega de Patinaxe, asinado. Súbese dentro do formulario, así que ten a man con que imprimilo e escanealo — ou unha foto lexible do papel xa asinado.

Descargar o impreso (PDF, 1 páxina)

Os datos bancarios

Para domiciliar a cota mensual. A conta pídese dentro do formulario.

Cotas

O que custa a tempada

Hóckey liña

Todas as categorías 40 € ao mes

De setembro a xuño. Inclúe adestramentos, competición federada, arbitraxes e material para empezar mentres non teñas o teu.

Patinaxe

Peques, un día á semana 20 € ao mes
Peques, dous días á semana 27 € ao mes
Persoas adultas, un día á semana 25 € ao mes

De setembro a xuño.

Licenza federativa

Ata infantil 65 € pago único
Desde xuvenil 75 € pago único
Só patinaxe 45 € pago único

Págase unha soa vez, ao inscribirse.

  • A licenza federativa abóase unha soa vez ao inscribirse e cóbrase xunto coa primeira cota.
  • Os prebenxamíns de hóckey teñen incluída unha clase de patinaxe á semana, sen custo adicional.

Elixe a túa inscrición

A que te apuntas?

Hóckey liña

Desde prebenxamín ata sénior. Adestramentos, competición federada e liga galega. Se ademais queres vir ás clases de patinaxe, podes engadilas neste mesmo formulario.

Inscribirme en hóckey

Escola de patinaxe

Clases para peques os martes, os venres ou os dous días. Apréndese desde cero, ao seu ritmo, e non hai competición.

Inscribirme en patinaxe

Patinaxe para persoas adultas

Os mércores, de 21:30 a 22:30, a partir dos 16 anos. 25 € ao mes máis a licenza federativa de patinaxe.

Inscribirme en patinaxe adultos

Os formularios ábrense en Playoff, a plataforma de xestión do club.

Que pasa despois

Da inscrición á primeira clase

Enches o formulario

Co DNI, a foto e o impreso da federación asinado. Todo se sobe aí mesmo, dunha sentada.

A secretaría revísao

Comprobamos que está todo e que a categoría é a que toca.

Recibes a confirmación

Un correo coa data na que comezas.

Algunha dúbida antes de comezar?

Pregúntanos o que queiras. Estamos ao outro lado para o que faga falta.

inscripciones@chlmeigas.com 665 69 87 77

Escríbenos por WhatsApp

Co apoio de