Una monitora del CHL Meigas lleva de la mano a una peque que empieza a patinar

Clase de proba gratis · Lugo

Quero unha clase de proba

Enche o formulario, escolle o día que vos veña mellor e chamámoste para confirmala. É gratis e sen compromiso.

Como funciona

Tres pasos e xa estades na pista

Enches o formulario

O nome do peque, a idade, o teu teléfono e o día que vos veña mellor. Un minuto e listo.

Chamámoste ou escribímosche

Por teléfono ou por WhatsApp. Confirmamos día e hora, resolvemos as túas dúbidas e dicímosche que tedes que levar ese día.

Vides probar

Ao pavillón, sen pagar nada. Se lle gusta, falamos de seguir; se non, aquí non pasou nada.

Pide a túa clase

Enche e chamámoste ou escribímosche

Só necesitamos estes datos para poder contestarche e poñer día.

Que día vos vén mellor a clase de proba?
Como prefires que che contactemos?

Antes de vir

O que máis nos preguntan

Non fai falta saber patinar

A clase de proba é xusto para iso. Empézase polo equilibrio, acompañad@ e sen présa.

Casco e proteccións, poñémolas nós

Só tes que traer os patíns. O casco e as proteccións déixamoschas para a clase.

Roupa cómoda e ganas

Con roupa de deporte e ganas de pasalo ben abonda para o primeiro día.

Sen compromiso

Probar é gratis. Se despois queredes seguir, a escola funciona con cota mensual.

Onde adestramos

Polideportivo Daniel Cordido

Adestramos todo o ano en pavillón cuberto, na Piringalla (Lugo).
Rúa Gallego Tato s/n, 27003 Lugo

Ver no mapa

Prefires falar antes?

Escríbenos por WhatsApp ou chámanos ao 665 69 87 77 e contámosche con calma, sen encher nada.

Escribir por WhatsApp

Tamén podes escribirnos desde a páxina de contacto.

Escríbenos por WhatsApp

Co apoio de