Cookies
Política de cookies
Última actualización: 17 de setembro de 2026
1. Que son as cookies
Son pequenos arquivos que unha web garda no teu navegador para lembrar información entre unha visita e outra.
2. Que cookies usa esta web
Só usamos cookies de análise de Google Analytics, e unicamente se as aceptas no aviso. Ata entón non se instala ningunha nin se envía nada a Google. Non usamos cookies publicitarias.
| Cookie | Quen a pon | Para que | Duración |
|---|---|---|---|
_ga | Google Analytics (Google Ireland Ltd.) | Distinguir visitantes para contar cantas persoas entran na web | 2 anos |
_ga_68MPW96EDX | Google Analytics (Google Ireland Ltd.) | Manter o estado da visita | 2 anos |
Ademais, a web garda a túa elección (aceptar ou rexeitar) no almacenamento do teu navegador,
co nome chl-cookies, para non volver preguntarche en cada páxina. É un dato
técnico que non sae do teu dispositivo.
3. Para que usamos a información
Para saber cantas persoas visitan a web, que páxinas lles resultan útiles e cantas envían o
formulario de clase de proba ou se inscriben. Son datos estatísticos: non os usamos para
identificarte nin para amosarche publicidade.
4. Transferencias internacionais
Google pode tratar estes datos fóra do Espazo Económico Europeo. Esas transferencias ampáranse
no Marco de Privacidade de Datos UE-EE. UU. e nas Cláusulas Contractuais Tipo aprobadas pola
Comisión Europea. Máis información na
política de privacidade de Google.
5. Como cambiar ou retirar o teu consentimento
Podes cambiar de opinión cando queiras. Ao premer o botón bórranse as cookies de Google
Analytics e volve aparecer o aviso:
Tamén podes borrar ou bloquear as cookies desde a configuración do teu navegador.
6. Máis información
Sobre como tratamos os teus datos, consulta a
política de privacidade.