Grupo de la escuela de patinaje del CHL Meigas con su monitora en el pabellón

Escola de patinaxe · Lugo

Aprende a patinar desde cero

Para quen empeza desde cero e quere aprender pouco a pouco, desde os 4 anos. Nenas, nenos, mocidade e persoas adultas iníciase na patinaxe dun xeito divertido, seguro e acompañado.

A nosa forma de ensinar

Patinar é moito máis ca patinar

Aquí non só aprendemos a patinar: aprendemos a caer, a erguernos, a traballar en equipo, a confiar en nós mesm@s e a gozar da patinaxe.

Sen présa e sen presión. Cada peque avanza ao seu ritmo, xogando e ben acompañad@.

Un monitor del CHL Meigas acompañando a una peque que da sus primeros pasos sobre patines
Un monitor del CHL Meigas explicando a un grupo de peques en la pista
Fila de peques apoyados en la valla, con los patines puestos

Por que a escola Meigas

Desde cero, xogando

Non fai falta saber patinar. Empézase polo equilibrio e, pouco a pouco, chegan os xiros e as freadas.

Unha pista feita para isto

Chan específico de patinaxe e valados de hóckey arredor: pódese apoiar, chocar e caer sen sustos. E como é cuberta, hai clase todo o ano, chova ou non.

Queres algo máis que patinar?

Se nalgún momento che apetece probar o hóckey, hai equipos por idades e niveis agardando por ti. E se non, tampouco pasa nada: pódese patinar e xa está.

Coñece os equipos →

Horarios de patinaxe

Escola sub-12 · desde os 4 anos

Martes 17:00 – 18:00
Venres 17:00 – 18:00

Adultos

Mércores 21:30 – 22:30

Prezos

Escola sub-12 · desde os 4 anos

Un día á semana 20 € ao mes
Dous días á semana 27 € ao mes

Adultos

Un día á semana 25 € ao mes

Cota mensual. A primeira clase de proba é gratis.

Ficha federativa

Ao apuntarse págase, unha vez ao ano, a ficha federativa de patinaxe: 45 €. É o seguro deportivo e esíxeo a federación. Probar non custa nada: isto só se paga ao inscribirse.

Buscas os equipos de hóckey? A súa cota e horarios están en equipos.

Mira as nosas clases!

Clase de la escuela de patinaje en marcha
Dos peques patinando juntas y riéndose
Peque esquivando conos con casco y protecciones
Una monitora lleva de la mano a una peque
Fila de peques apoyados en la valla con los patines puestos
El grupo de la escuela con su monitora

Onde adestramos

Polideportivo Daniel Cordido

Adestramos todo o ano en pavillón cuberto, na Piringalla (Lugo).
Rúa Gallego Tato s/n, 27003 Lugo

Ver no mapa

Ven probar!

Sen compromiso e sen saber patinar. Ti elixes o día.

Martes 17:00 – 18:00
Venres 17:00 – 18:00
Quero unha clase de proba

A clase de proba é gratis · Chamámoste para poñer día · Tamén por WhatsApp: 665 69 87 77

Escríbenos por WhatsApp

Co apoio de